Imos cun novo capítulo da serie "Conversas con..."e o facemos falando dun tipo de deportes que en Goián coñecemos bastante ben gracias a labor que Carlos está facendo co Spartan Club no pavillón no que cada vez aparecen máis promesas. 

Charly López pode presumir de ter un gran palmarés, pero pensamos que do que máis orgulloso está é da súa labor como adestrador axudando a outras persoas a conseguir o seu soño de ser deportistas. 

Tamén queremos dicir que o vídeo foi gravado en xaneiro deste ano polo que aínda non comenta os seus últimos éxitos, pero cabe sinalar que nestes meses conseguiu un novo trofeo que engadir as súas estanterías no campionato galego de boxeo de elite na categoría de menos de 69 kg. Noraboa e a seguir acadando éxitos e a levar o nome de Goián polo mundo adiante.