Este capítulo da serie "Conversas con..."  vai moi ben para que miredes como queimar todas esas calorías que inxerimos este nadal que acaba de rematar.

Seguimos con máis deportistas goianeses, e xa perdín a conta de todos os que levamos entrevistados. Suso e Yoli son dúas persoas que teñen unha gran forza de vontade, xa que, ademáis de duros entrenamentos, as dietas tamén implican un gran esforzo. E aínda por riba obteñen moi bos resultados nas competicións as que asisten. Noraboa por todos eses éxitos e esperamos que sigades así de "cachotes".