DOCUMENTAL DAS FONTES

Este documental recolle a historia de 22 fontes da parroquia de Goián. Da man de varios goianeses e goianesas ilustres imos facendo un recorrido polas fontes da nosa querida parroquia, dende as máis coñecidas ata as máis agochadas, fontes que aínda perviven materialmente e outras que o fan só na memoria colectiva. Gracias aos contos da xente onde se fala das vivencias ocorridas arredor destas fontes, intentamos que se perpetúe esta parte da nosa historia.