Ola a todos, nova semana e novo capítulo de Conversas con... Desta vez falamos con Rafael unha desas persoas que traballou arreo para conseguir que o Goián F.C. e o Regatiño sexan o que son hoxe en día. É unha gozada ver tanto rapaz e rapaza durante os adestramentos practicando deporte, todo grazas a esa xente coma Rafael que se implican moitísimo para que todo funcione tan ben como está a funcionar.