Hai un anuncio en televisión que di que os coleccionistas son as persoas que manteñen vivos os recordos.
En Goián temos una parexa de coleccionistas que vos van deixar abraiados cando escoitedes os números nos que se moven as súas diferentes coleccións. É tal a cantidade, que Lito está loitando por conseguir o récord Guinness coa súa colección de chisqueiros.
Así que este vídeo ten dobre función; por un lado, coñecer a paixón de Lito e Pili polo coleccionismo, e, por outro, intentar axudar a acadar o obxectivo de Lito.
Así que xa sabedes, todo o mundo que teña chisqueiros por casa e non lle importe doalos, que fale con Lito, a ver si entre todos podemos lograr traer un récord Guinness para Goián.