Seguimos cunha entrega máis da serie "Conversas con..." falando con Picallo, un artista que dende fai moitos anos vive en Goián. Aquí nos fala dos seus inicios, da súa maneira de traballar, as súas obras máis queridas, e das cousas que máis lle gustan do noso pobo. Un auténtico orgullo para nós contar con este goianés de adopción entre a veciñanza.