Hoxe imos a conversar con outro artista de Goián, e xa perdín a conta de tod@s @s artistas que levamos entrevistado (e aínda @s que quedan). 

Neste caso un artista da fotografía. Compañeiro do grupo San Roquiño que é capaz de captar auténticas marabillas co obxectivo da súa cámara; obxectos, seres ou paisaxes dos que a maioría de nós non somos capaces de ver a súa beleza, pero que gracias a xente como Marcos podemos descubrir. 

No vídeo podedes mirar as fotos tan espectaculares que é capaz de lograr gracias a técnica macro, pero non menos impresionantes son as fotos que saca de paisaxes da nosa zona. Esperamos pronto a seguinte exposición.