O cole de Goián canta "Acuarela" adicada ao Pintor Antonio Fernández

Co motivo da celebración do ano do Pintor Antonio Fernández, os nenos e nenas do colexio de Goián, que, por certo, leva o seu nome, fixeron esta versión da canción "Aquarela" do cantante brasileiro Toquinho. Unha das maneiras en que os goianeses e goianesas agradecemos a este pintor goianés tan ilustre e que tanto fixo polo noso pobo.