Forman o equipo principal do grupo San Roquiño 14 persoeiros coñecidos "mundialmente" en todo Goián, que son os que realizan a maioría de tarefas artísticas para cada un dos proxectos realizados. Funcións que van dende a idea orixinal ata a preparación da pantalla para a súa proxección cando xa está todo rematado, pasando pola escritura dos guións, tarefas de producción, escolla de localizacións, casting, catering (que básicamente é facer os bocadillos para o resto do equipo), etcétera.