En Conversas con... Falamos con Quin, que é quen mellor e máis nos pode dicir do Cine Goya, unha verdadeira institución en Goián e que tantos e tantos recordos nos trae. Goianesas e goianeses, tamén moita xente dos arredores, e antes seus pais ou avós, foron asíduos ao Cine Goya e se emocionaron con Tarzán ou o heroe das películas de vaqueiros ou romanos.