Comezan as festas máis grandes do mundo mundial. Por iso queremos celebrar con todos vós este feito publicando este vídeo. Non podemos ter máis que palabras de agradecemento a esas persoas que traballan desinteresadamente para facer que o pasemos tan ben durante estes días, pero sobre todo á comisión de festas por facernos sentir orgullosos de ser de Goián por ter festas coma estas.