Hoxe temos un capítulo especial na nosa serie, xa que é un homenaxe moi sentido a unha persoa que, por desgraza, nos deixou fai pouco, e queremos que quede na memoria de todos e todas a través deste vídeo.

Digna foi unha das mulleres máis loitadoras de Goián. Cento e medio de anos que moitos de nós asinariamos poder alcanzar con tanta enerxía e tan ben levados.