O noso seguinte protagonista é un gran amante das festas de Goián, sobre todo das do seu barrio San Roque. O Mariño do Nestor, sempre tocando instrumentos, imitando a esas orquestras e grupos que tanto adoraba, batendo con dous paus en calquera lata a modo de caixa, ou chocando os "pachíns" imaxinarios. Os máis novos non o coñecemos xa que fai case 40 anos que tivo que marchar a vivir a unha residencia en Tui, pero grazas a este vídeo podemos facernos unha idea do boa persoa que era. E os que tiveron a sorte de coñecelo, de seguro que lles trae moi bos recordos.