Voltamos cun novo capítulo de "Conversas con..." despois dun pequeno descanso por causa da estrea da película "Anriquito". E o facemos cun capítulo moi especial no que conversamos con Pablo Pousa, un dos goianeses máis ilustres. Pasou a vida intentando que o noso pobo mellorara, por exemplo, sendo membro da 1ª directiva da traída, ou coma enciclopedia andante de temas relacionados con Goián. Por desgraza, deixounos fai uns días, e por iso queríamos mostrar estas conversas co Cúbico, e así facerlle unha pequena homenaxe a este gran goianés. Gracias Pablo.