Capítulo 16 xa, e aínda os que quedan...
Desta volta imos con outro dos grandes, non é natural de Goián pero creo que é máis coñecido que moitos goianeses de nacemento, xa que calquera que fose ao colexio de Goián a partir do ano 77 e os seus familiares seguro que o coñecen. Para moitos de nós Don Antonio.
Ademais de gran profesor, penso que unha das profesións máis importantes que existen por facer de nós persoas de proveito, tamén foi director e, polo tanto, un dos maiores artífices de conseguir que o colexio de Goián sexa o que é agora.
So me falta dicir que espero que o meu fillo teña uns docentes, polo menos, tan bos como os que eu tiven a sorte de ter.