Goián é un pobo que lle ten moito apego ao río. Entre outras
razóns, debido a xenerosidade do Miño hacia moitos goianeses e goianesas que ían pescar.
Os meixóns son un dos produtos que máis se pescaron nesta zona,
e aínda que se segue facendo, xa todos sabemos que hai moi pouca cantidade e por iso teñen eses prezos que teñen.
Pero isto non foi sempre así, e en tempos era moito máis fácil
conseguir unha boa captura, por iso o grupo San Roquiño foi falar con Tinita e Daniel, para que nos contarán como se pescaba no século pasado, ademais de facer unha pequena representación da
pesca co "arrastón".
Esperamos que vos guste.