ARRENIEJOTE PECADO, JALÁN.
Filmada por un grupo de amigos e amigas no ano 1994, foi a primeira longametraxe feita en Goián.
Conta a historia dunha moza do pobo que se enamora dun rapaz de cidade. Metemos nun vaso mezclador este feito que actúa como fío conductor, engadimos historias cotiás do pobo e un final espectacularmente "ajuniado", batemos todo ben durante unha hora, engadimos unhas gotas de cilantro e servimos ben frío.