O PISCO

"O Pisco" é unha longametraxe inspirada en feitos reais, onde se contan diversas historias nas que o fío conductor é o contrabando levado a cabo nos anos 50 en toda a raia galego-portuguesa, e máis concretamente en Goián.  
Baseada en historias e anécdotas contadas polos maiores do pobo, o filme conta a relación que diferentes familias tiñan co "Pisco"(contrabando).

Esta película queremos adicarlla a todas esas persoas que tiveron que argallar mil e unha falcatruadas e traballar coma "condanados" fora da lei para poder sobrevivir a duras penas.