O grupo San Roquinho botou a andar alá polo ano 2010. Nembargantes algúns do seus compoñentes xa fixeran algunha incursión no mundo cinematográfico nos anos 90. Os comezos deste grupo xurdiron cando varios amigos se xuntan e, entre café e café, idean facer unha obra teatral, aínda que co tempo acaba convertindose nunha longametraxe. Cando comezaron a traballar nela, rapidamente o grupo sentiuse moi arroupado polo pobo notando que os veciños e veciñas mostraban un gran interés polo que estabamos a facer, e iso deunos folgos para seguir adiante con novos proxectos. 

 

Despois de varios filmes, curtas, documentais  e moitisimas historias (que iremos contado nesta sección) decidimos meternos no mundo das novas tecnoloxías, creando o noso propio Facebook, o canal de Youtube e esta páxina que estades a ler.

 

Pero o máis importante non é o que xa pasou na historia deste grupo senon todo o que aínda nos queda por pasar, que podedes mirar nesta sección da páxina